OBXECTIVOS
Ø Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e
pluricultural do Estado Español, de Europa e do mundo actual, facerse
consciente da riqueza que representa e entender as situacións que provoca o
contacto de linguas.
Ø Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio
lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa
conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural
como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e
respecto cara ao exercicio deste dereito.
Ø Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua
galega como elemento fundamental para o mantemento da identidade de Galicia e como medio de relación interpersoal e
expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que permite a
comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade
lusófona.
Ø Comprender discursos orais e escritos nos diversos
contextos da actividade social, cultural e académica.
Ø Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente,
creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e
cultural, adoptando mediante o diálogo actitudes de respecto e de colaboración
cos demais.
Ø Expresarse por escrito de xeito correcto,
coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social,
laboral e cultural.
Ø Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar
para buscar, procesar e analizar información e máis para redactar ou expoñer
textos propios do ámbito académico.
Ø Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as
Bibliotecas, os medios de comunicación social e as TIC, para obter,
interpretar, elaborar e valorar informacións de diversos tipos e opinións diferentes.
Ø Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a
lingua e as normas de uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e
máis para escribir e falar con adecuación, coherencia e corrección.
Ø Ler con fluidez, consolidar o hábito lector e facer
da lectura fonte de pracer, de enriquecemento persoal e de coñecemento do
mundo.
CONTIDOS
B1-B2.
Comunicación
Ø Comprensión e interpretación de textos orais
utilizados no ámbito social e educativo
Ø Desenvolvemento de habilidades de escoita activa .
Ø Valoración das producións orais emitidas cunha
fonética e prosodia correcta e actitude crítica ante os prexuízos que se poidan
asociar a ela.
Ø Produción de discursos orais, en intervencións
espontáneas, adecuados á situación e á intención comunicativa desexada.
Ø Participación activa en situacións propias do
ámbito educativo.
Ø Coñecemento e aplicación de estratexias necesarias
para falar en público.
Ø Construción de discursos adecuados, cohesionados e
coherentes desde o punto de vista comunicativo, sobre temas de interese persoal
ou social da vida cotiá e educativa.
Ø Aplicación de técnicas de análise do contido e
estratexias de lectura comprensiva.
Ø Comprensión e interpretación de textos propios da
vida cotiá e das relacións sociais.
Ø Comprensión e interpretación de textos do ámbito
educativo, especialmente, descritivos, narrativos e expositivos sobre as
distintas materias curriculares: webs educativas, dicionarios, glosarios e
enciclopedias en diversos soportes.
Ø Utilización guiada da biblioteca e das TIC para
obter información.
Ø Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo
adecuados á situación comunicativa.
Ø Planificación e revisión do escrito, de forma
guiada, para producir textos adecuados.
Ø Produción, en formato papel ou dixital, de textos
propios da vida cotiá.
Ø Produción, en soporte impreso ou dixital, de textos
propios da vida educativa.
Ø Produción, en soporte impreso ou dixital, de textos
de distintos xéneros: descricións, narracións de feitos e exposicións de ideas
e conceptos.
Ø Uso, con progresiva autonomía, das TIC
(procesadores de textos e correctores ortográficos) na planificación, revisión
e presentación dos escritos.
Ø Autoavaliación da aprendizaxe da lingua cunha
actitude activa e de confianza.
B3. Funcionamento da Lingua
Ø Recoñecemento de léxico suficientemente amplo e
preciso a partir de campos léxicos traballados na aula.
Ø A fonoloxía do galego, con especial atención a
posibles interferencias.
Ø Uso eficaz dos dicionarios e doutras fontes de
consulta, tanto en papel como en soporte electrónico, especialmente sobre
clases de palabras e normativa.
Ø Aplicación e valoración das normas ortográficas e
morfolóxicas da lingua galega.
Ø Uso da puntuación en relación coa cohesión textual.
Ø Recoñecemento das categorías gramaticais básicas
(substantivo, adxectivo cualificativo, verbo, adverbio, etc.) así como a
diferenza entre palabras flexivas e non flexivas para a creación e comprensión
de textos.
Ø Coñecemento das estratexias necesarias de
autoavaliación, aceptando o erro como parte do proceso.
Ø Participación en proxectos (elaboración de
materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas,
etc.).
Ø Identificación e progresiva utilización dos
coñecementos sobre as linguas para desenvolver unha competencia comunicativa
integrada.
B4. Lingua e Sociedade
Ø Valoración das linguas como
medios de relación interpersoal e sinal de identidade dun pobo.
Ø O plurilingüismo como
expresión da riqueza cultural da humanidade.
Ø A lusofonía.
Ø Análise da situación
sociolingüística a partir do contexto familiar do alumnado.
Ø Desenvolvemento de
actitudes positivas cara ao proceso de recuperación do galego.
Ø Situación sociolingüística
e legal das linguas de España.
Ø Prexuízos lingüísticos.
Ø Recoñecemento e valoración
dos principais fenómenos que caracterizan as variedades diatópicas do galego.
B5. Educación Literararia
Ø Lectura, con regularidade e
de maneira guiada, de obras literarias; exposición da opinión persoal sobre a
lectura dunha obra axeitada á idade.
Ø Comparación de textos
literarios e non literarios.
Ø Produción de textos
sinxelos de intención estética.
Ø Descrición e
caracterización dos trazos definitorios básicos da canción.
Ø Familiarización co emprego
dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais, para a
procura de información básica e a resolución de dúbidas de traballo.
ESTÁNDARES DE
APRENDIZAXE AVALIABLES E COMPENTCIAS CLAVE
B1-2.
Comunicación
Ø Comprende e interpreta a intención comunicativa de
textos orais sinxelos .
|
Ø CCL / CAA
|
Ø Traslada a información relevante ou a idea xeral de
textos sinxelos a resumos.
|
Ø CCL / CAA
|
Ø Recoñece, xunto ao propósito e a idea xeral, os datos
máis relevantes en textos orais do ámbito social e educativo.
|
Ø CCL / CAA
|
Ø Segue instrucións para realizar tarefas de
aprendizaxe con progresiva autonomía.
|
Ø CCL / CAA
|
Ø Coñece e aprecia as normas que rexen a cortesía na
comunicación oral .
|
Ø CCL / CSC
|
Ø Recoñece a importancia dos aspectos prosódicos
(entoación, pausas, ton, timbre e volume).
|
Ø CCL / CAA / CSC / CSIEE
|
Ø Identifica a intención comunicativa, as ideas
principais e as secundarias de programas informativos.
|
Ø CCL
|
Ø Consulta os medios de información dixitais para
seleccionar contidos relevantes e incorporalos ás súas producións.
|
Ø CD / CAA / CSIEE
|
Ø Emprega as TIC para facer as súas presentacións máis
claras e visualmente atractivas.
|
Ø CD / CCL / CSIEE
|
Ø Aprecia a emisión dunha pronuncia correcta, recoñece
os erros de produción oral propia e allea.
|
Ø CCL / CAA
|
Ø Comprende e rexeita os prexuízos que se poidan
asociar á pronuncia da lingua galega.
|
Ø CAA
|
Ø Usa, se a posúe, a variante dialectal propia e
asúmea como a variedade habitual do seu contexto.
|
Ø CCL / CCEC
|
Ø Produce textos orais, en intervencións espontáneas,
adecuadas á situación e á intención comunicativa desexada.
|
Ø CCL / CSC
|
Ø Intervén en debates e coloquios do ámbito educativo,
respectando as regras de interacción.
|
Ø CCL / CSC
|
Ø Cínguese ao tema, non divaga e atende ás instrucións
da persoa moderadora nos debates e coloquios.
|
Ø CCL / CSC
|
Ø Elabora guións para organizar os contidos de
exposicións formais ou informais breves.
|
Ø CAA
|
Ø Manifesta autocontrol das emocións ao falar en
público e diríxese ao auditorio con
autoconfianza e seguridade
|
Ø CCL / CSC / CSIEE
|
Ø Analiza similitudes e diferenzas entre discursos
formais e espontáneos.
|
Ø CAA
|
Ø Recoñece e avalía erros (pobreza léxica e
castelanismos) nos discursos orais propios e alleos e trata de evitalos.
|
Ø CAA / CCL
|
Ø Participa en conversas informais nos que intercambia
información e expresa a súa opinión.
|
Ø CCL / CSC / CSIEE / CCEC
|
Ø Desenvólvese correctamente en situacións da vida
cotiá que implique solicitar unha información ou un servizo.
|
Ø CSC / CSIEE
|
Ø Utiliza técnicas de análise e síntese do contido:
subliñados, esquemas e resumos.
|
Ø CCL / CCA
|
Ø Reconstrúe o sentido global e compón o esquema
xerarquizado das ideas.
|
Ø CCL
|
Ø Procura o léxico descoñecido en dicionarios, analiza
a forma da palabra ou deduce o significado polo contexto.
|
Ø CCL / CCA
|
Ø Interpreta o significado de elementos non
lingüísticos (símbolos, iconas, etc.).
|
Ø CCL
|
Ø Busca información para ampliar e completar o contido
das mensaxes a través de distintos recursos.
|
Ø CCL / CCA / CD
|
Ø Contrasta os contidos analizados cos coñecementos
propios, antes e despois da lectura.
|
Ø CCL / CCA
|
Ø Comprende, interpreta e sintetiza o contido de
textos propios da vida cotiá.
|
Ø CCL / CSC
|
Ø Comprende, interpreta e sintetiza textos propios da
vida educativa: webs educativas, información de dicionarios…
|
Ø CCL / CAA / CD / CSC
|
Ø Segue
instrucións para realizar tarefas de aprendizaxe guiadas, con progresiva
autonomía.
|
Ø CCL
|
Ø Usa de forma guiada as bibliotecas e as TIC para
obter información e consultar modelos de composición escrita.
|
Ø CCL / CAA / CD
|
Ø Identifica e evita o uso de expresións habituais que
evidencian prexuízos de distinta natureza: relixiosos, raciais e sexistas.
|
Ø CCL / CSC
|
Ø Le en voz alta con dicción, entoación e ritmo
adecuados e con respecto pola puntuación do texto.
|
Ø CCL
|
Ø Utiliza esquemas sinxelos e notas para ordenar as
ideas e estruturar o contido do texto.
|
Ø CCL
|
Ø Puntúa o texto en relación coa forma do texto (os
parágrafos e a organización das ideas expresadas).
|
Ø CCL
|
Ø Revisa o texto con respecto ás normas morfolóxicas,
ortográficas e tipográficas.
|
Ø CCL / CD
|
Ø Produce textos propios das relacións sociais: notas,
cartas, avisos, mensaxes electrónicas ou de móbil.
|
Ø CCL / CD / CSC
|
Ø Produce textos descritivos, narrativos e expositivos
propios da vida educativa (resumos, conclusións …).
|
Ø CCL / CD
|
Ø Produce textos de distintos xéneros: descricións,
narracións de feitos e exposicións de ideas e conceptos.
|
Ø CCL
|
Ø Utiliza, con progresiva autonomía, un procesador de
textos para organizar os contidos e mellorar a presentación.
|
Ø CCL / CD
|
Ø Emprega os correctores ortográficos para resolver
dúbidas e revisar a ortografía.
|
Ø CCL / CD
|
Ø Participa, de
modo guiado, nas tarefas de revisión e mellora das producións propias e
alleas.
|
Ø CCL / CAA
|
Ø Acepta o erro como parte do proceso de aprendizaxe e
mostra unha actitude positiva de superación.
|
Ø CCL / CAA
|
B3.
Funcionamento da Lingua
Ø Recoñece e pronuncia correctamente os fonemas
propios da lingua galega.
|
Ø CCL / CAA
|
Ø Obtén, de xeito autónomo, información lingüística
relativa á clase de palabras e a normativa en dicionarios…
|
Ø CCL / CD
|
Ø Aplica as normas ortográficas e morfolóxicas da
lingua galega.
|
Ø CCL
|
Ø Aplica estratexias para a corrección lingüística,
gramatical e ortográfica dos textos.
|
Ø CCL
|
Ø Usa a puntuación de acordo coa cohesión textual.
|
Ø CCL
|
Ø Recoñece o uso das categorías gramaticais nos textos
e distingue as flexivas das non flexivas.
|
Ø CCL / CAA
|
Ø Recoñece os erros nas producións orais e escritas
propias e alleas a partir da avaliación e autoavaliación.
|
Ø CCL / CAA
|
Ø Participa en proxectos (elaboración de materiais
multimedia, folletos, carteis, etc.).
|
Ø CCL / CAA / CD
|
Ø Utiliza os coñecementos lingüísticos nunha das
linguas, para mellorar a produción dos textos en calquera das outras.
|
Ø CCL / CAA
|
B4. Lingua e
sociedade
Ø Valora a lingua como instrumento co cal se constrúen
os saberes, como medio de relación interpersoal e sinal de identidade dun
pobo.
|
Ø CCL
|
Ø Coñece as linguas que se falan en Galicia.
|
Ø CCL
|
Ø Coñece os territorios que forman parte da comunidade
lusófona.
|
Ø CCL / CSC
|
Ø Describe e analiza a situación sociolingüística de
Galicia a partir do estudo do seu contexto familiar e a do resto do alumnado.
|
Ø CCL / CSC
|
Ø Coñece e valora os antropónimos galegos.
|
Ø CCL / CSC
|
Ø Analiza a súa propia práctica lingüística e valora a
importancia de contribuír individual e socialmente á normalización da lingua
galega.
|
Ø CCL / CSC
|
Ø Aprecia as variantes diatópicas do galego como
símbolo de riqueza lingüística e cultural.
|
Ø CCL / CSC
|
Ø Coñece as principais variantes diatópicas do galego
e clasifica producións lingüísticas segundo o bloque dialectal ao que pertencen.
|
Ø CCL / CSC
|
Ø Coñece a lexislación que regula os dereitos
lingüísticos individuais.
|
Ø CCL / CSC
|
Ø Coñece o que é un prexuízo. Detecta e analiza a
presenza de novos e vellos prexuízos cara ao galego.
|
Ø CCL / CSC
|
Ø Rexeita os prexuízos sobre as variedades dialectais
e utiliza os trazos propios da súa zona.
|
Ø CCL
|
B5. Educación
literaria
Ø Le obras literarias e expón unha opinión persoal
sobre a lectura dunha obra axeitada á idade.
|
Ø CCL
|
Ø Compara textos literarios e non literarios e
describe as súas diferenzas e similitudes.
|
Ø CCL
|
Ø Diferencia textos dos tres grandes xéneros a partir
dos seus trazos característicos máis xerais.
|
Ø CCL
|
Ø Escribe textos sinxelos de intención estética,
servíndose dos coñecementos literarios adquiridos
|
Ø CCL / CCEC
|
Ø Describe e caracteriza os trazos definitorios
básicos da canción como linguaxe artística.
|
Ø CCL / CCEC
|
Ø Identifica e describe, nunha canción dada, os seus
principais trazos definitorios.
|
Ø CCL / CCEC
|
Ø Familiarízase co emprego dos fondos e recursos que
ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais.
|
Ø CCL / CD
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario